INSTITUCIONES Y ASOCIACIONES

Concello de Oímbra


Nombre Entidad: CONCELLO DE OÍMBRA

Dirección: Avda do Carregal, 3, 32613 Oímbra, (Ourense)

Teléfono: 988426160

Web: www.oimbra.gal

E-mail: concello@oimbra.gal


GALERÍA
Concello de Oímbra

Ruta


Logo de varios anos de intenso traballo de documentación, exploración e catalogación un riquísimo conxunto de Lagares Rupestres foron recuperados para seren visitados. No ano 2017 creouse a RUTA DOS LAGARES RUPESTRES DE OÍMBRA. (sinalización, acondicionamento de camiños, creación dun aparcadoiro na ruta, elaboración de material divulgativo tanto físico coma dixital a través de códigos QR,….).

Trátase dun percorrido circular de 11.400 ml de lonxitude, para realizar a pé, a cabalo, en Quad, etc… a traveso do cal se accede a 8 lagares rupestres (dos 15 catalogados), situados nos termos veciñais de Oímbra, As Chas e O Rosal. Asimesmo creáronse dúas rutas BTT (curta e longa) para os amantes da bicicleta, en calquera caso, a ruta está coroada pola impresionante e singular ADEGA-LAGAR AS BARROCAS.
Este edificio recuperado no ano 2018 (Edificación tradicional datada ao redor do século XVII) Consta de tres plantas cunha superficie duns 50 m2 por planta, quizais sexa o lagar tradicional máis grande coñecido, tal e como recollen diversos estudos.. Boa parte do custo da rehabilitación correu por conta de Turismo de Galicia.


Neste ano 2019 avanzouse outro chanzo na mellora deste conxunto que constitúe xa un dos elementos de atracción turística principais no noso territorio e da comarca de Monterrei, coa musealización da bodega-lagar as Barrocas . Convertímola nun centro de información e divulgación encol da viticultura e da produción de viños no concello de Oímbra, tanto na actualidade coma ao longo dos séculos de historia.
Esta iniciativa está destinada a dar a coñecer e dinamizar dende un punto de vista turístico os valores e recursos do concello de Oímbra, favorecendo a aproximación consciente da xente natural do concello e das persoas que o visitan aos principais recursos turísticos e patrimoniais de carácter natural e cultural.
A nivel material, realizáronse un total de oito paneis temáticos nos que se plasmou a información sobre este elemento senlleiro do noso concello e sobre o cultivo da vide e a produción de viños do territorio na actualidade e ao longo da historia, así como a elaboración e visualización in situ de videos divulgativos da ruta e do Concello.