Crea a túa ruta
Eventos do Mes
L
M
M
X
V
S
D
  1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30   
Hoxe é 19 de Novembro do 2017
Actividades destacadas
Temas Frecuentes
Ruta do Viño Monterrei > Ruta do Viño Monterrei

Ruta do Viño Monterrei

O que percorra a Ruta do Viño Monterrei descubrirá unha paisaxe distinta, un camiño bañado polas cores do viño, enriquecido pola súa historia, gastronomía e, sobre todo, pola amable hospitalidade das súas xentes.

A Ruta do Viño Monterrei atópase nunha comarca con gran riqueza tanto cultural como agrícola, xogando un papel moi importante a viticultura dentro da agricultura comarcal. A Ruta do Viño pretende fomentar e promocionar os viños, o turismo enolóxico, os sectores da hostalería, restauración ou tendas especializadas e, en definitiva, a comarca de Monterrei dun modo integral.

Pese a non tratarse dunha ruta moi extensa en territorio, acolle unha gran variedade de lugares dignos de ser visitados e recordados. A natureza é espectacular, pero tamén transmite o esforzo dos que, día a día, loitan por extraer da terra o seu froito. A sucesión de val e montaña configura unha paisaxe única con imaxes ricas en matices e cheas de contrastes.

Pobos con encanto


Outro dos seus atractivos son os seus pobos, dispersos por todo o val, como un magnífico exemplo da arquitectura tradicional galega, no que se conservan as construcións a base de materiais nobres, como a pedra ou a madeira. Coas súas igrexas, as súas rúas estreitas, pasos de centos de escaleiras… Pero a súa maior riqueza é a hospitalidade das súas xentes, que se enfrontan con valentía á tosquedade do territorio e atenden con cordialidade aos visitantes. 

Todo aquel que visite Monterrei sentirá que está nunha terra diferente, con recintos amurallados, camiños centenarios, rutas de peregrinación, arquitectura popular, montes interminables, natureza agreste e, sobre todo, viño, bo viño.

Panorámica Viñedos