Crea a túa ruta
Eventos do Mes
L
M
M
X
V
S
D
  1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30   
Hoxe é 19 de Novembro do 2017
Actividades destacadas
Temas Frecuentes
Ruta do Viño Monterrei > Localización

Localización

Mapa de localizaciónA comarca de Monterrei está localizada no sueste de Galicia, na provincia de Ourense. Limita con Portugal pola súa parte sur, coa comarca de Viana polo leste, polo norte coas comarcas de Terra de Trives e Terra de Caldelas e polo oeste limita coa comarca da Limia.

En liñas xerais a descrición física da comarca identifícase plenamente coa dun val circundado por relevos montañosos, polo que discorre o río Támega, afluente da marxe dereita do Douro, con dirección norte-sur.

por estradaPor Estrada

A Ruta do Viño Monterrei está perfectamente comunicada pola Autoestrada A-52 que une esta área con Ourense e Vigo, ao tempo que permite saír de Galicia cara á meseta. Ten unha extensión de máis de 1.000 km2 e unha poboación de preto de 30.000 habitantes.

por ferrocarrilPor Ferrocarril
A próxima chegado do tren de alta velocidade, AVE, situará a comarca de Monterrei a pouco máis de dúas horas de Madrid.

por avión
Por Avión
O traxecto máis rápido para chegar a un aeroporto é o que leva a Vigo, a través da A-52, pero tamén se pode coller a A-9 e viaxar desde Santiago de Compostela ou da Coruña. Así mesmo, cabe a posibilidade de utilizar o aeroporto de Porto, situado a pouco máis dunha hora e que ten conexión directa a un gran número de cidades internacionais.


Ver mapa máis grande