Crea a túa ruta
Eventos do Mes
L
M
M
X
V
S
D
  1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30   
Hoxe é 19 de Novembro do 2017
Actividades destacadas
Temas Frecuentes
Ruta do Viño Monterrei > Patrimonio Natural

Patrimonio Natural

Manancial de CabreiroáA comarca de Monterrei é un dos poucos lugares no que o viño e a auga non son incompatibles, senón complementarios. A riqueza destas terras, en parte, é posible grazas aos numerosos cursos fluviais que as regan.

En Galicia atópanse unha gran variedade de augas minerais debido á diversidade de terreos que nela existen. Na zona de Monterrei e Verín existe unha gran riqueza de augas minerais, que deron lugar a importantes balnearios. Tres dos cales contan cun aproveitamento comercial e son os de Sousas, Fontenova e Cabreiroá.

Durante a época dourada do termalismo –de mediados do S. XIX a comezos do S. XX– os balnearios galegos con máis tradición convertéronse en grandes centros sociais que congregaban a flor e crema da sociedade. Tras a guerra, e coa moda de tomar o sol na praia, foron poucos os que se libraron da decadencia ou do peche, aínda que hoxe, impulsados por un ritmo de vida que obriga a frear e recuperar o equilibrio físico e mental, os balnearios viven un segundo renacer. Ademais, teñen un novo atractivo: son perfectamente compatibles co enoturismo.

Turismo activo en contacto coa natureza

A disposición da comarca de Monterrei, situada nun val e atravesada polo río Támega, permite aos visitantes gozar dunhas paraxes de gran beleza nas que destaca a enorme riqueza en flora e fauna. Neste entorno incomparable, as actividades ao aire libre convértense no reclamo perfecto para os amantes da natureza.

Un merecido descanso nas praias fluviais ou unha descarga de adrenalina nos descensos en piraguas son só algunhas das propostas que teñen como protagonista a auga. Mentres que para as actividades en familia conta con rutas de sendeirismo ou mesmo ecuestres, que chegan ata a fronteira con Portugal. Para os máis aventureiros, ábrese a posibilidade de practicar o voo en parapente desde o Monte Maior ou escalada na Serra de Larouco.