Crea a túa ruta
Eventos do Mes
Agosto << Setembro - 2018 >> Outubro
L
M
M
X
V
S
D
     1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30
      
Hoxe é 24 de Setembro do 2018
Actividades destacadas
Temas Frecuentes
Ruta do Viño Monterrei > Novas > MONTERREI PARTICIPA ....

MONTERREI PARTICIPA EN CascoViejo D.O.rigen

O CasImagenPromo.jpgco Antigo da cidade de Bilbao acolle, desde hoxe e ata o vindeiro 15 de decembro, a campaña Casco Vello D.O.rigen, unha acción promocional na que participan as denominacións de orixe Monterrei, Cariñena e Ribera del Duero.

A iniciativa, na que colabora a Asociación Casco Vello de Bilbao, pretende reforzar a afluenza de público ao centro histórico da cidade, cunha proposta na que participan 50 establecementos hostaleiros organizados en 3 rutas diferenciadas, unha por denominación de orixe.

A Ruta do Viño Monterrei, a máis extensa, integra un total de 20 tabernas e bares de viños que durante a vindeira quincena ofrecerán maridaxes das tradicionais tapas bilbaínas con viños de Monterrei, todo a prezos promocionais.

A representación de Monterrei nesta ocasión estará integrada por oito adegas da denominación de orixe, que presentanen campaña oito marcas, todas elas de viño branco Monterrei. Participan como adegas colaboradoras: Abeledos, Bodega Tabú, Boo Rivero, Crego e Monaguillo, Gargalo, Pazo das Tapias, Quinta do Buble e Terras do Cigarrón.

Con esta iniciativa o Consello Regulador pretende fortalecer a presenza dos seus viños no principal  núcleo de influenza do País Vasco, e dar resposta a unha demanda latente polos viños brancos de Monterrei. Con tal fin tenelexido un excelente escaparate e, co apoio da hostalería bilbaína como prescriptora, a Denominación pretende abrirse paso nun mercado que podería chegar a ser relevante na súa cuota de comercialización.  Maridajes.jpg

 29-11-2013
Compartir en