Crea a túa ruta
Eventos do Mes
L
M
M
X
V
S
D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 31    
Hoxe é 19 de Xaneiro do 2018
Actividades destacadas
Temas Frecuentes
Ruta do Viño Monterrei > Novas > PROGRAMA I FESTIVAL ....

PROGRAMA I FESTIVAL DA VENDIMA DE MONTERREI

banner.jpg

A Ruta do Viño de Cheap Breitling Replica Monterrei celebrará o vindeiro 19 de outubro o I Festival da Vendima de Monterrei, nunha xornadana que as adegas e a comarcade Monterrei reciben ao visitante cun completo programa de actividades.

Dende as 10.30 h. as adegas da Denominación de Orixe Monterrei, Quinta do Buble, Gargalo e Boo Rivero abrirán as súas portas, realizando visitas guiadas polas súas instalacións, agora en plena actividade. Posteriormente, na viña experimental do Inorde, na subida do Castelo de Monterrei, todos poderán participar da vendima. O persoal técnico fará un percorrido polas distintas variedades acollidas á D.O. Monterrei, procedendo ao seu colleitado en “improvisadas cuadrillas”. O froito da vide será trasladado nun carro de cabalos ao Castelo, onde se escenificará a operación do pisado da uva, a través do baile e a música tradicional. Unha vintena de nenas entre os 7 e 16 anos, todas elas da Escola Deportiva Municipal de Acrosport de Verín, recrearán o pisado a través dunha coreografía de danza acrobática, ao son da música do Tánghete. Será entón cando comeze o festival no interior da Fortaleza. Alí darase cita unhaampla representación da comarca, nunha mostra que concentra a artesanía, a cultura e o produto local.

fotovendimiaweb.jpg

A gastronomía e o viño serán claves na xornada, sempre centrada nos productos propios e cunha ampla oferta que se poderá degustar nun espazo habilitado pola organización no patio do Castelo. O polvo, a carne ao caldeiro, empanada, os produtos ecolóxicos de Biocoop, o pemento de Oímbra ou a castaña de Riós, serán algunhas das opcións gastronómicas para a xornada, na que ademais contaremos coa colaboración do cociñeiro e sumiller Nacho Costoya. Todo amenizado por numerosas actuacións, a través de manifestacións artísticas que se irán sucedendo no tempo e que incluirán a música tradicional de Tánghete, o folk de Trío Leira, así como un repaso pola discografía de Emilio Rúa. Tamén actuará a Banda de Gaitas do Concello de Verín, no que constitúe un acto solidario en apoio ao neno José Manuel Jorge González, que estará apadriñado polo actor Rubén Riós.

Os artesanos locais exporán a súa obra, mostrando aos asistentes o oficio xa que estarán a traballar na creación de novas pezas. Participarán nos postos de artesanía do I Festival da Vendima de Monterrei: o artesán de Máscaras de Cigarrón, Álvaro Ferreira Diéguez, Gerardo Fernández Pousada coas bicicletas de madeira, o Centro de Desenvolvemento Rural de Portas Abertas cun posto dedicado á cestería, o escultor Armando Martínez, así como o pintor e escultor verinense Xosé Gómez Rivada. Os dous útimos, ambos artistas de proxección internacional, doarán unha das súas obras á Rifa Solidaria a favor doneno José Manuel Jorge González, como outra das iniciativas en colaboración coa Andaina promovida para o mesmo día pola BTT Verín e o Clube Ciclista Verín.

Celebraranse ademais obradoiros de temática vitivinícola como o de iniciación á cata, no que se poderán degustar distintas variedades de uva, o seu mosto unha vez prensadas e o viño xa rematado.

fotoTinaweb.jpgHaberá ademais actividades de entretenemento, con obradoiros para os nenos, a recreación de xogos tradicionais, sorteos e concursos que manterán unha actividade continuada ao longo do día.

Outra das actividades previstas, neste caso promovida pola rede social Comarcas de Monterrei, será a búsqueda de “O Tesouro do Castelo”, unha gincana que porá en relevo os grandes valores que esconde o Castelo de Monterrei e que repartirá entre os participantes agasallos como estancias dunha fin de semana en aloxamentos enoturísticos, lotes de produtos da comarca e moito máis.

Completa o programa o Fórum Galaico-Transmontano. Baixo a epígrafe “A Viticultura na Cultura Luso-Galaica” intervirán como poñentes José Fernando Rúa de Castro, presidente do Fórum Galaico-Transmontano, o enólogo de Chaves Amilcar Salgado, Antonio Ángel Méndez Atanes, presidente do C.R.D.O. Monterrei, o maestro Telmo Moreira e o historiador Federico Justo Méndez, delegado en Galicia do FG-T. Deste xeito, asistirán ao festival unha comitiva de trinta profesionais lusos que desde primeira hora visitarán as adegas da Ruta do Viño de Monterrei e participarán nas diferentes actividades previstas para a xornada.

Trátase dunha iniciativa que nace da unión, da colaboración entre os distintos concellos, asociacións e colectivos da comarca, posible grazas ao convenio asinado entre as cinco rutas do viño de Galencia e a Axencia Turismo de Galicia.

CartelFVMweb.jpg

PROGRAMA FVM.pdf

 12-10-2013
Compartir en