Crea a túa ruta
Eventos do Mes
Marzo << Abril - 2018 >> Maio
L
M
M
X
V
S
D
      1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30      
Hoxe é 23 de Abril do 2018
Actividades destacadas
Temas Frecuentes
Ruta do Viño Monterrei > Novas > I FESTIVAL DA VENDIM....

I FESTIVAL DA VENDIMA DE MONTERREI

I FestivalVendimaMonterrei.jpgA Ruta do Viño de Monterrei  celebrará o vindeiro 19 de outubro o I Festival da Vendima de Monterrei, nunha xornada na que as adegas da comarcareciben ao visitante cun completo programa de actividades.

A partir das 10.30h. as adegas de Monterrei abrirán as súas portas, realizando visitas guiadas polas súas instalacións, no seu momento de máxima actividade. Posteriormente, na viña experimental do Inorde, situada na subida ao Castelo de Monterrei, todos poderedes participar na vendimia. O persoal técnico do Inorde fará un percorrido polas distintas variedades acollidas á D.O. Monterrei, procedendo á súa colleita en “improvisadas cuadrillas”. O froito da vide será trasladado nun carro de cabalos ao Castelo, onde se escenificará a operación do pisado da uva, a través da danza e a música tradicional. Entón será cando arranque o festival no interior da Fortaleza. Alí darase cita unha ampla representación da comarca,nunha mostra da artesanía, cultura e do produto local.

A gastronomía e o viño serán claves na xornada, sempre centrada nos produtos propios e cunha ampla oferta que se poderá degustar nun espazo habilitado pola organización no patio do Castelo. Todo amenizado con numerosas actuacións, a través de diferentes manifestacións artísticas que se irán sucedendo no tempo e que incluirán agrupacións folk, pandereteiras,bandas de gaitas, etc.

Os artesáns locais exporán a súa obra, mostrando aos asistentes o oficio xa que estarán a traballar na creación de novas pezas.Celebraranse ademais obradoiros detemática vitivinícola como o de iniciación á cata, no que se poderán degustar as distintas variedades desde a uva, o seu mosto unha vez prensadas e o viño xa rematado.

CastilloMonterrei.jpg

Haberá ademais actividades de entretenemento, con obradoiros para os nenos, a recreación de xogos tradicionais,sorteos e concursos quemanterán unha actividade continuada ao longo do día.

Trátase dunha iniciativa que nace da unión, da colaboración entre os distintos concellos, asociacións e colectivos da comarca,e que nace grazás ao convenio asinado entre as cinco rutas doviño de Galicia e a Agencia Turismo de Galicia.

ProgramaBAJA.jpg

 03-10-2013
Compartir en