Crea a túa ruta
Eventos do Mes
L
M
M
X
V
S
D
  1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31  
Hoxe é 23 de Maio do 2013
Actividades destacadas
Temas Frecuentes
Ruta do Viño Monterrei > Novas > A VI edición da Feir....

A VI edición da Feira do Viño de Monterrei contará coa presenza de 14 adegas

Os días 6 e 7 de agosto, a localidade ourensana de Verín acollerá a sexta edición da Feira do Viño de Monterrei, unha cita enogastronómica organizada polo Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei e o Concello de Verín.

Devandita actividade, que convoca a numeroso público tanto da comarca como da provincia de Ourense, conta coa participación de 14 adegas das 25 inscritas ao Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei: Ladairo, Pazos del Rey, Terra do Gargalo, Crego e Monaguillo, Quinta do Buble, Terras do Cigarrón, Triay, Tapias Mariñán, Boo Rivero, Vía Arxentea, Chicheno, Abeledos, Pazo de Valdeconde e Tabú.

Esta sexta edición acompañase dun amplo programa de actividades abertas ao público. Entre as mesmas destacan as catas populares, que terán lugar na Praza García Barbon o sábado ás 19.30 e o domingo ás 12 horas -a última a cargo de Nacho Costoya-, a actuación do grupo teatral "Os Quinquilláns" -ás 21 horas do sábado, coa obra de rúa Arrieir@s, na que o viño, literatura popular e o froito da vide son os protagonistas-, e concerto de folk de Brixel -o domingo, ás 20 horas, que interpretará temas tradicionais recollidos na zona de Monterrei-.

Por outra banda, tamén se estableceu un "Menú Especial Feira do Viño 2011", durante todo o fin de semana, nos restaurantes Brasil e Lugano.

 02-08-2011
Compartir en