Monumental enclave fortificado ubicado estratexicamente na idade media na fronteira con Portugal. É na actualidade a construción amurallada máis grande de Galicia formada por tres recintos e localizada no Concello de Monterrei, é sen dúbida algunha o noso patrimonio máis espléndido.