Crea a túa ruta
Eventos do Mes
L
M
M
X
V
S
D
      1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30 31     
Hoxe é 17 de Xullo do 2018
Actividades destacadas
Temas Frecuentes
Ruta do Viño Monterrei > Axenda > I FESTIVAL...

I FESTIVAL DA VENDIMA DE MONTERREI

Participa nesta cita o sábado 19 de octubre no Castelo de Monterrei. A recreación da vendima e o pisado da uva serán o punto de partida dunha xornada que reunirá á gastronomía e o viño, á artesanía e a cultura, nun escaparate do produto da comarca.

faceEncabezado.jpg

A Ruta do Viño de Monterrei  celebrará o vindeiro 19 de outubro o I Festival da Vendima de Monterrei, nunha xornada na que as adegas da comarca reciben ao visitante cun completo programa de actividades.

A partir das 10.30h. as adegas de Monterrei abrirán as súas portas, realizando visitas guiadas polas súas instalacións, no seu momento de máxima actividade. Posteriormente, na viña experimental do Inorde, situada na subida ao Castelo de Monterrei, todos poderedes participar na vendimia. O persoal técnico do Inorde fará un percorrido polas distintas variedades acollidas á D.O. Monterrei, procedendo á súa colleita en “improvisadas cuadrillas”. O froito da vide será trasladado nun carro de cabalos ao Castelo, onde se escenificará a operación do pisado da uva, a través da danza e a música tradicional. Entón será cando arranque o festival no interior da Fortaleza. Alí darase cita unha ampla representación da comarca, nunha mostra da artesanía, cultura e do produto local.

CastilloMonterrei.jpg

A gastronomía e o viño serán claves na xornada, sempre centrada nos produtos propios e cunha ampla oferta que se poderá degustar nun espazo habilitado pola organización no patio do Castelo. Todo amenizado con numerosas actuacións, a través de diferentes manifestacións artísticas que se irán sucedendo no tempo e que incluirán agrupacións folk, pandereteiras, bandas de gaitas, etc.

Os artesáns locais exporán a súa obra, mostrando aos asistentes o oficio xa que estarán a traballar na creación de novas pezas.Celebraranse ademais obradoiros de temática vitivinícola como o de iniciación á cata, no que se poderán degustar as distintas variedades desde a uva, o seu mosto unha vez prensadas e o viño xa rematado.

Haberá ademais actividades de entretenemento, con obradoiros para os nenos, a recreación de xogos tradicionais, sorteos e concursos que manterán unha actividade continuada ao longo do día.

Trátase dunha iniciativa que nace da unión, da colaboración entre os distintos concellos, asociacións e colectivos da comarca, e que nace grazás ao convenio asinado entre as cinco rutas do viño de Galicia e a Agencia Turismo de Galicia.

ProgramaBAJA.jpg

 19-10-2013
Compartir en